"Con cada verdadeira amizade poñemos firmemente os cimentos nos cales descansa a paz do mundo. Con cada acto e cada momento que respiramos edificamos o reino da non-violencia. Este é o verdadeiro lar do espríitu do home".
Mahatma Gandhi
SERVAS é unha organización internacional que estimula o intercambio de ideas para axudar a comprender diferentes culturas, tradicions e xeitos de vida. Apoia os esforzos de todo aquel que traballa en prol da paz o traveso de medios non violentos en todo o mundo.
Está composta por perto de 16.000 anfitrions espallados por 130 países, que reciben viaxeiros interesados en ter un contacto coas personas do lugar visitado moito máis amplio que o do simple turista. SERVAS NON é unha alternativa o aloxamiento en hotel.
SERVAS ten como obxetivo principal promover o entendemento entre persoas de todo o mundo, facilitando un contacto persoal e familiar entre os seus membros.
SERVAS foi concebida en 1949 en Askov (Dinamarca). Un grupo de estudantes de diferentes nacionalidades idearon un sistema de traballo-estudio-viaxe de libre hospitalidade, que nomearon "Peacebuilders". Confiaban en que a xente xoven usara este medio para aprender os camiños da Paz, e mediante as suas visitas conseguiran estabrecer vínculos entre outros grupos que coma eles andiveran a procura dunha sociedade máis xusta e pacífica.
En 1950 organizouse a primeira reunión, na que se crearon os primeiros estatutos organizativos, que, dende entón, non cambiaron no fundamental. O cabo, tratouse de articular un sistema polo que os "viaxeiros aprobados" poderían recibir listas de anfitrions de diferentes países e solicitarlles hospitalidade.
Serían acollidos por un certo tempo e participarían nas actividades da casa, axudando co seu traballo, estudando as condicions sociais do país e intercambiando ideas para o desenrrolo de mellores formas de entendemento mundial.
O nome orixinario de "Constructores de Paz" cambiouse por SERVAS, que en Esperanto siñifica: axudamos, servimos...
Nun principio, tanto viaxeiros coma anfitrions estaban seriamente comprometidos en asociaciones de traballo internacionais, humanitarias ou pacifistas. Co discorrer dos anos, e despois de ser tema primordial nas conferencias que anualmente se realizaban, decidiuse que SERVAS debía ser menos sectaria e abrirse a toda clase de persoas que, aún sin militar activamente en asociacions pacifistas, pensaran que a comprensión e o entendemento entre as persoas deste planeta é o medio máis eficaz de evitar un irreversible desastre mundial.
En 1974, SERVAS chega ó estado Español. Como anteriormente ocurriu en outros países, propagase lentamente, pero con profunda raigambre. Actualmente somos uns catrocentos amigos os que aparecemos na lista do estado español.
Se cadra non estea nas nosas mans evitar outra guerra mundial, pero pensamos que debemos loitar para destruir estúpidos prexuicios e vellos clichés que non amosan outra cousa se non iñorancia. E sobor de todo, que podemos dar a oportunidade de coñecer un país dende dentro e descubrir esa outra cara máis agachada, pero sen duvida moito máis real, compartindo uns días o noso lar cun descoñecido que probablemente convertirase nun gran amigo.
Facer AMIGOS, amigos con maiúscula, é outra das metas primordiais de SERVAS.
SERVAS NO MUNDO
SERVAS está presente en máis dun centenar de países. En cada país SERVAS organizase en torno a un representante nacional que coordina e desenrrola as labouras dun grupo de traballo.
A labor fundamental de dito grupo consiste en estabrecer contacto con viaxeiros e anfitrions potenciais, así como a coordinación entre Organizacions con finalidades similares ás de SERVAS.
Hai Coordinadores internacionais que encarganse de manter ficadas regulares con todolos Secretarios nacionais e formulan informes e datos estadísticos para a sua posterior difusión.
Cada ano publicanse unhas listas nas que figuran os nomes dos membros, o seu enderezo, teléfono, e outros datos de interese coma poden ser medios de transporte para chegar o seu domicilio, cuantas persoas poden aloxar, traballo o profesión, intereses y aficions, idiomas que fala, países visitados, etc.
Estas listas son confidenciais e facilitanse a toda persoa que, pertencendo a nosa Asociación, as solicite.
SERVAS é enteiramente voluntaria e altruista. Ningun dos cargos organizativos é remunerado. Pola sua finalidade pacifista é claramente apolítica.
SERVAS está recoñecida pola O.N.U. e dende 1973, figura coma asociación non-gubernamental no Consello Social e Económico das Nacions Unidas.
SISTEMA ANFITRION-VIAXEIRO
Unha das cousas máis interesantes en SERVAS, é a diversidade de xentes que integran a nosa asociación, gracias a iso podemos achegarnos á idiosincrasia dunha comunidade.
Hai membros bastante conservadores, e tamén os hai, que traballan dun xeito imaxinativo para conquerir un entorno mellor e máis cooperativo.
Tamén hai anfitrions, que, a pesares de non ser moi activos na aportación de solucions ós problemas das suas comunidades, abren as suas portas a aqueles que si o son.
Ademáis poden presentarte a personas e organizacions que teñen afinidades con SERVAS. De este xeito, atoparse coas familias nos seus propios lares sería só o primeiro paso para coñecer un novo colectivo. Comprender o xeito en que as comunidades cambian e crecen, pode que te conciencie do importante que é a tua vida e a dos demáis, en conformar o futuro do mundo; ainda que sea para labrar unha sociedade máis pacífica e xenerosa, ou unha sociedade máis egoísta e violenta.
Cando nos decatamos das moitas cousas constructivas que calquera de nos pode facer por un progreso pacifista, estamos abrindo unha porta á Humanidade e nos convertimos en parte da solución. Cando a "xente normal" sea capaz de asimilar isto, estaremos moi perto dunha Paz estable e duradeira. SERVAS basease no sistema ANFITRION-VIAXEIRO, podendo cada membro ser viaxeiro-Servas cando visita outro país e ser anfitrión-Servas onde resida. En ambos casos, sempre comprometese a gardar unhas normas de convivencia e respeto cara os demáis.
ANFITRIONS
O anfitrión ofrece aloxamento de balde durante dous días a calquer viaxeiro aprobado por SERVAS, podendo ampliar este tempo a sua conveniencia, despois de falalo co viaxero. Non está obrigado a recibir todolos viaxeiros que se poñan en contacto con el. A sua aceptación dependerá da sua dispoñibilidade.
O anfitrión non debe crer que recibir a un visitante siñifique alterar as suas proprias costumes. É o viaxeiro quen debe integrarse no sistema de vida do anfitrión.
O que procuran os viaxeiros-Servas é unha oportunidade de coñecer ós anfitrions na sua vida diaria e, por un breve lapso de tempo, formar parte da sua comunidade familiar, para chegar deste xeito a un coñecemento máis profundo e xenuino da idiosincrasia e a cultura do país visitado.
O anfitrión non está obrigado a pasar todo o seu tempo co visitante; acompaña a éste o tempo que poda ou queira, con enteira liberdade.
A antelación e o xeito no que debese avisar ó viaxeiro, ven especificado na lista. En ningún caso pode presentarse no domicilio do anfitrión sin previa invitación.
Aquelas
persoas que actualmente, non poden ofrecer aloxamiento, pero que se sienten
comprometidas cos fundamentos que Servas desenrrolla, denominanse GUIAS.
Estas persoas, ademáis de axudar en tareas organizativas internas,
poden, por ejemplo, axudar ó viaxeiro a atopar hospedaxe, a mosarlle
a sua vila, invitarlle a comer, etc... pero, sobor de todo, intercambiar
opinions e conversar sobor de temas que interesen a ambos.
VIAXEIROS
Cando desexes coñecer "in-sítu" a idiosincrasia dun país, convivindo cos seus habitantes e compartindo o seu mundo, as suas costumes e actividades, SERVAS ofrecevos listas de persoas espalladas polos cinco continentes, dispostas a recibirvos. Podes elixir a aqueles que coincidan contigo nos teus intereses e aficions. O viaxeiro-Servas debe ser aprobado mediante unha entrevista persoal.
Como regra xeral, deberá estar soamente dous días se o anfitrión non lle convida expresamente a permanecer máis tempo.
Unha vez no país escollido, confirmará a sua chegada á persoa coa que previamente contactara polo medio que esté especificado na lista. O chegar ó lar do anfitrión, este amosaralle a carta de presentación debidamente asinada e selada.
Co fin de obter un coñecemento máis variado e profundo dun país, suxirese visitar a aqueles anfitrions que habitan lonxe dos grandes centros urbans e que, xeralmente, non adoitan recibir moitos viaxeiros. Agardase do viaxeiro que en todo momento, se comporte dun xeito correcto e adecuado. É recomendable ter lído algo sobor das costumes do país a visitar.
SERVAS basease na confianza e non podería sobrevivir sen ela. Fai falla ser tolerante e estar aberto cara as persoas que se cadra opinen dun xeito diferente do teu, e cun estilo de vida diferente.
Cando queiras participar coma viaxeiro-Servas, mándanos, como mínimo dous meses antes de que escomence o teu viaxe, unha carta indicando os países que deseas visitar. Enviaremoste unha Carta de Presentación que, unha vez selada, será a tua acreditación persoal coma viaxeiro-Servas.
INSCRIPCION EN SERVAS
Se queres pertencer a este grupo de amigos, ponte en contacto con la dirección más próxima a tua residencia para concertar unha entrevista na que se te aclararán as posibles dubidas que poidas ter.
PAGOS:
Agardamos que a nosa idea de abrirnos ós demáis, te convenza e te unas a nos.
¡Ata pronto!